Para que PT de Coiro

O Partido da Terra non cre na democracia de profisionais. Cada quen é capaz de autogovernarse e representar é un privilexio, que non debe ser remunerado. Autogovernarse non é un traballo senón unha oportunidade tornarse cara unha comunidade máis solidaria ou conflictiva, pero unha comunidade e non unha urbanización de xentes anónimos. Aquí os veciños, os que comparten os teus intereses e territorio son os que traballan contigo man a man, en comunidade.

Coiro, ou a terra dos aforcados, das bruxas e dos aquelarres. Onde se estableceu a inquisición, a casa das Bruxas, a pedra da Pena e a Praia das areas Gordas de María Soliño cos seus ritos pagáns no mar e na montaña.

Non é zona a nosa, non é de estrañar. Os ritos pagáns, institucións comunitarias de autogoverno, o arte e cultura de boca a ourella e a autoorganización son manipulados e desprezados polos que queren mandar.

Dende o nacemento á desembocadura do río Bouzos, domina a igrexa parroquial, e esténdese unha língua de terras fértiles coa Fraga de Coiro na parte máis empinada, casas e leiras no corazón da parroquia, e foi absorbida por parte do centro urbano xa abaixo, en Cangas.

A Comunidade de Montes de Coiro, asociacións de veciños, asociación culturais para facer a festa do Muíño e a do Bocho, a casa da Mangallona, o centro social, o reparto da quendas de rega e son só algunhas das formas de participación que deben formar parte do futuro e permiten tomar o que é noso, o noso governo.

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado Campos obrigatórios são marcados *

Você pode usar estas tags e atributos de HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Só mais um site Mancomunidade sites